Unha das novidades deste curso académico tan atípico será a incorporación de Ana Iglesias Casal á coordinación do Máster en Economía na USC, traballando xunto co profesor Juan Carlos Reboredo Nogueira.
Ana Iglesias é Licenciada e Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente traballa como profesora titular de Economía Aplicada (Econometría) no Departamento de Economía Cuantitativa da USC. O seu campo de especialización está enfocado a métodos econométricos aplicados ao sector bancario e financeiro. En particular, á titulización de activos e os seus efectos sobre o risco, e a diversificación de carteiras e estratexias de cobertura.
A profesora Iglesias é membro do Grupo de Investigación en Valoración Financeira Aplicada da USC e tamén pertence ao GID-EBA (Grupo de Innovación Docente en Econometría Básica Aplicada) da mesma universidade. Ademais, forma parte do Consello de Redacción da Revista Galega de Economía.
Con unha carreira moi prolífica e activa, son frecuentes as súas publicacións en revistas de recoñecido prestixio indexadas con índice de calidade relativo, incluidas en catálogos como o Journal of Citation Reports do Social Sciences Citation Index, SCOPUS, Econlite e Latindex. Tamén colabora como revisora nas seguintes revistas: Journal of Banking and Finance, Research in International Business and Finance, Revista de Economía Mundial, Managerial Finance, Revista de Estudios Rexionais e Revista Cadernos de Economía. Ademais, participou como investigadora en proxectos de investigación autonómicos de convocatorias competitivas e contratos de investigación.
Benvida ao Máster Universitario en Economía Ana!
0 Comments