Traballo fin de mestrado (TFM)
Pódese realizar ó longo de todo o 2º cuadrimestre.
Para o alumnado asignado a un itinerario, deberá desenvolver necesariamente contidos vinculados a dito itinerario.
Deberá ser realizado de forma autónoma polo alumnado, aínda que sempre estará supervisado por un titor asignado pola Comisión Académica.
Deberá ser presentado ante un tribunal, que será quen o avalíe. O devandito tribunal será designado pola Comisión Académica e actuará conforme á normativa existente na Universidade onde estea matriculado o alumnado.
Obxectivos
- Identificar os elementos relevantes do tema proposto para o seu estudo e a metodoloxía adecuada para afrontar a análise.
- Motivar a relevancia da análise proposta, manexar con solvencia os instrumentos e técnicas aplicables, organizar adecuadamente o traballo e sintetizar os resultados e conclusións obtidos.
- Valorar as capacidades propias para a análise, apreciar a importancia de ter enfoques ou ideas orixinais e estimular o espírito crítico e positivo.
Actividades formativas
- Presenciais: 10 horas (titorías e presentación e defensa do TFM)
- Non presenciais: 140 horas (realización do TFM)
Sistema de avaliación
- Informe do titor (25-75%)
- Presentación e defensa ante o tribunal (25-75%)