No vindeiro curso académico estreamos unha nova modalidade para cursar o Máster Interuniversitario en Economía. Trátase dunha formación totalmente a distancia que permite ao alumnado cursar o máster dende calquera parte do mundo, sempre que exista unha institución na que o alumno poida realizar os exames presenciais. Esta metodoloxía está dirixida principalmente a persoas procedentes doutros países de fala hispana, profesionais despregados en misións exteriores, e profesionais en activo que queiran compaxinar o seu traballo ao tempo que completan a súa formación.
Accede ás clases dende calquera lugar
A metodoloxía docente consiste en clases en streaming a través da plataforma de videoconferencia Emeeting. Ademais, o/a alumno/a ten dispoñible unha plataforma docente (Faitic) onde os profesores colocan os materiais e probas de avaliación.
Sen necesidade de grandes requirimentos técnicos
Para poder acceder aos contidos o alumno só precisa un ordenador, Tablet, teléfono móbil ou outro dispositivo con boa conexión a internet.
Matricúlate xa!
O alumnado que esté interesado nesta opción terá que poñerse en contacto coa Secretaría do Máster para confirmar que cumpre as condicións para poder cursar esta modalidade. Os prazos de inscrición e matrícula serán os mesmos que para a modalidade presencial, pero os alumnos deberán realizar todos os trámites a través da Universidade de Vigo.
0 Comments