O evento tivo lugar o 17 de setembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo
O presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas, participou no acto cunha aula maxistral titulada “O reto de construír un contrato social progresista e sostible”.
O proceso de cambio que ECOBAS está a levar a cabo, pasando de ser unha Agrupación Estratéxica a un Centro de Investigación Interuniversitario, foi destacado polo seu director, Carlos Hervés, que agradeceu a asistencia dos presentes, entre os que se atopaban tamén profesores e investigadores. Por outra banda, a directora científica de ECOBAS, María Loureiro, salientou a importancia dos programas de formación que apoia o centro, o propio Máster Interuniversitario en Economía e o programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial.
Ó final do acto, varios alumnos egresados do pasado curso recolleron os seus diplomas das mans do Presidente do CES, Antón Costas; a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio e o director de ECOBAS, Carlos Hervés.
0 Comments