Axudas estatais
Axudas autonómicas
Axudas propias
Axudas persoas estranxeiras
Outras axudas
Axudas estatais
Convocatoria: Bolsa Xeral - MEFP
- Prazo: Marzo - Maio
- Obxecto: Destinada a persoas que se matriculan na universidade no presente curso académico nunha titulación de máster.
- Requisitos xerais: Ter nacionalidade española ou dun membro da Unión Europea. Non contar cunha títulación igual ou superior para aquela para a que se solicita a bolsa, e matricularse de entre 30 e 60 créditos.
- Máis información
Convocatoria: Premio Nacional de Fin de Carreira Universitaria - MEFP
- Prazo: ~Xullo
- Obxecto: Distinguir ao estudantado que finalizou con maior brillantez os seus estudos universitarios cun recoñecemento de carácter oficial, que ao mesmo tempo comporte unha asignación económica
- Requisitos xerais: Ter rematados os estudos a un título universitario oficial en centros españois no curso escolar 5 anos anterior ao ano da convocatoria, e ter un mínimo de nota media de 9,00 en titulacióins da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Máis información
Axudas autonómicas
Convocatoria: Bolsa de inicio de Máster para persoas desempregadas - Xunta de Galicia
- Prazo: ~Setembro
- Obxecto: Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial nas universidades galegas.
- Requisitos xerais: Atoparse en situación de desemprego, ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos de máster, ter formalizado a matrícula nun máster dun mínimo de 60 créditos, non atoparse nos casos de beneficios e exención de matrícula dos artidgos 11 e 12 do Decreto 103/2021, e non ter gozado antes desta axuda.
- Máis información
Convocatoria: Premios Fin de Carreira da Xunta de Galicia
- Prazo: ~Abril
- Obxecto: Convocar os premios de fin de carreira para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios de grao no presente curso académico nas universidades galegas.
- Requisitos xerais: Ter cursado os estudos nunha universidade galega, rematala titulación no ano previo, ter un expediente académico con media de 8,50 ou superior en ramas de Arte e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Máis información
Convocatoria: Premio Excelencia Académica Grao da Xunta de Galicia
- Prazo: ~Abril
- Obxecto: Convocar os premios de excelencia académica de grao para o alumnado universitario que tivese mellores calificacións no curso académico das universidades do SUG.
- Requisitos xerais: Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial, nota media superior ou igual a 8,00 e diferentes requisitos en función a se se cursa un grao ou un programa de simultaneidade.
- Máis información
Axudas propias das universidades do SUG
Convocatoria: Bolsa para o inicio de estudos en Máster oficial
- Prazo: ~Decembro - Febreiro
- Obxecto: Financiar os prezos públicos derivados da matrícula do alumnado que inicia os estudos de máster oficial.
- Requisitos xerais: Ter nacionalidade española, dalgún país da UE ou de terceiros países que acrediten residir en España. Ter formalizada a matrícula por primeira vez nun máster con 60 créditos, ter nos estudos anteriores unha media mínima de 7,00 e non ter unha titulación universitaria similar ou superior. Tamén existen requisitos económicos e de patrimonio.
- Máis información
Convocatoria: Becas Santander Estudos Progreso
- Prazo: ~Xuño-Outubro
- Obxecto: Facilitar o acceso á educación superior aos estudantes cos mellores expedientes académicos de calquera curso de grao ou máster e que recibisen unha bolsa de carácter xeral do Ministerio no presente curso académico.
- Requisitos xerais: Estar matriculado no curso 2022/2023 nalgunha das titulacións de grao ou mestrado da Universidade de Vigo, ter concedida no curso 2021/2022 bolsa xeral do MEFP e ter unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos no curso 2021/2022
- Máis información
Convocatoria: Premios á excelencia académica para inicio de estudos de mestrado oficial
- Prazo: ~Xullo-Setembro
- Obxecto: Incentivar a cultura de mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao ingreso nos estudos de mestrado da Universidade de Vigo.
- Requisitos xerais: Ter fomalizado a matrícula por primeira vez en estudos de mestrado oficial en centros da Universidade de Vigo ou centros adscritos de titularidade pública que imparten titulación non impartidas en centros propios e obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00.
- Máis información
Convocatoria: Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU-UVIGO
- Prazo: ~Xullo-Setembro
- Obxecto: O recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación no desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan a continuación dos xa cursados.
- Requisitos xerais: Ter superado o TFG ou TFM durante o anterior curso académico cunha cualificación igual ou superior a 8,5 e a temática ten que estar relacionada coa Axenda 2030, a cooperación no desenvolvemento ou a responsabilidade social corporativa.
- Máis información
Convocatoria: Bolsas de iniciación a investigación de máster da USC
- Prazo: 10 días naturais desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da USC
- Obxecto: Promover o acceso e a iniciación á investigación para estudantes que formalizaran a matrícula nun máster oficial da USC que demostraron un alto nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación centrado nun traballo de investigación supervisado.
- Requisitos xerais: Ter formalizado a matrícula nun máster oficial da USC no presente curso académico e non percibir ningunha axuda económica/bolsa incompatible.
- Máis información
Convocatoria: Convocatoria Bolsas Santander estudos Erasmus
- Prazo: ~Xaneiro-Febreiro
- Obxecto: Axuda económica e plan de emprego consistente en talleres en liña sobre desenvolvemento de competencias que se ofrecerán a todos os beneficiarios antes de comezar a súa experiencia Erasmus
- Requisitos xerais: Ter formalizado a matrícula en estudos oficiais na Universidade da Coruña tanto no curso anterior, momento de solicitar a mobilidade Erasmus+, como no curso do momento de realizar a estancia Erasmus+ no estranxeiro, ser beneficiario dunha mobilidade física Erasmus de estudos ou prácticas no marco das convocatorias de mobilidade internacional da UDC para o curso 2022/23, realizar a inscrición previa en liña no programa de Bolsas do Banco de Santander a través da ligazón na páxina web www.becas-santander.com, ter unha conta bancaria aberta a nome do/da estudante beneficiario/a no Banco Santander S.A
- Máis información
Convocatoria: Bolsas Santander progreso
- Prazo: ~Novembro
- Obxecto: Facilitar o acceso á educación superior aos estudiantes cos mellores expedientes académicos de calquera curso de grao ou máster e que recibisen unha bolsa de carácter xeral do Ministerio no presente curso académico.
- Requisitos xerais: Estar inscrito previamente no Programa de Bolsas Santander Progreso, estar matriculado no presente curso nalgunha das titulacións da UDC, ter concedida a Bolsa Xeral do MEFP e dispor dun dos mellores expedientes académicos do anterior curso.
- Máis información
Axudas para estudantado estranxeiro
Convocatoria: Bolsa de Excelencia á Mocidade Exterior - Xunta de Galicia
- Prazo: Convocatoria anticipada Xaneiro-Abril e convocatoria ordinaria Xuño-Xullo
- Obxecto: Bolsas dirixidas a persoas galegas que residan no estranxeiro e teñan titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
- Requisitos xerais: Ter menos de 40 anos, nacionalidade española, residir fóra de España, poder acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior e estar vinculado a Galicia dalgunha das formas requeridas.
- Máis información
Convocatoria: Programa ÁFRICA-MED MASTER - AECID
- Prazo: Finais de Xaneiro - principios de Febreiro
- Obxecto: Programa de becas para ciudadanos de países de África e Oriente Medio, incluidos nas estratexias bilaterais do V Plan Director da Cooperación Española ou receptores da Axuda Oficial para o Desenvolvemento (AOD).
- Requisitos xerais: Ser nacional dalgún dos países da listaxe, non ser bolseiro da AECID nin da Fundación Carolina dende 2011-2012, posuir a titulación necesaria para cursar os estudos, tramitar á vez a preadmisión no centro de destino, ter coñecementos de español e non atoparse nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións.
- Máis información
Convocatoria: Programa MASTER - AECID
- Prazo: Finais de Xaneiro - principios de Febreiro
- Obxecto: Programa de becas de Máster para funcionarios e persoal integrado nos sistemas públicos de países de América Latina, incluidos nas estratexias bilaterais do V Plan Director da Cooperación Española, e Filipinas.
- Requisitos xerais: Ser nacional dalgún dos paises da listaxe, non ser bolseiro da AECID nin da Fundación Carolina dende 2011-2012, posuir a titulación necesaria para cursar os estudes, tramitar á vez a preadmisión no centro de destino , ter conocementos de español e non atoparse nalgunha das prohibición sinaladas no artigo 13.2 da Lei Xeral de Subvencións.
- Máis información
Outras axudas
Convocatoria: The BritishSpanish Society Scholarship Awards
- Prazo: ~Abril-Maio
- Obxecto: Apoiar vínculos entre o Reino Unido e España, patrocinando a investigación en campos tan diversos como a medicina, o urbanismo, a enxeñería, lingüística, literatura, física, arquitectura, arqueoloxía mariña ou a música.
- Requisitos xerais: Ser ciudadán británico ou español que se encontre realizando estudos universitarios de posgrao, a investigación debe ter algún vínculo entre Reino Unido e España, no momento da solicitude é necesario estar no último ano dos estudos ou graduado e ser aceptado incondicionalmente para o seu título de posgrao na universidade da súa elección e proporcionar a confirmación.
- Máis información
Convocatoria: Premios Valedora do Pobo
- Prazo: ~Marzo-Outubro
- Obxecto: Regular a concesión dos premios Valedora do Pobo aos mellores TFG e TFM en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
- Requisitos xerais: Os traballos deben ser orixinais e destacar polo seu elevado valor científico académico, non poden ter sido publicados (agás no repositorio institucional da universidade correspondente), deben ter sido lidos, defendidos ou xulgados e os dereitos non poden estar cedidos a terceiros.
- Mais información
Convocatoria: Premio Fundación Banco Sabadell á Investigación Económica
- Prazo: 31 Xaneiro- 31 Marzo
- Obxecto: Incentivar e recoñecer o traballo dos investigadores españois nos campus de coñecemento económico, empresarial e socila, e contribuir ao análise e formulación de alternativas que promovan o benestar social.
- Requisitos xerais: Ser investigador español de ata 40 anos a 31 de decembro do ano anterior da convocatoria(ampliable ata un ano por cada fillo se se produciu interrupción na carreira por permisos de maternidade/paternidade) e ter centrada a súa investigación no campus da economía.
- Máis información
Convocatoria: Ampliación de estudos de Máster - Fullbright
- Prazo: ~Xaneiro-Abril
- Obxecto: Becas para cursar estudos de postgrao en universidades de Estados Unidos en cualquera disciplina.
- Requisitos xerais: Ter nacionalidade española, título superior obtido entre xaneiro de 2015 e setembro do ano da convocatoria, excelente coñecemento do idioma inglés, demostrable mediante exame, dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT).
- Máis información
Convocatoria: Becas de posgrao no estranxeiro - Fundación La Caixa
- Prazo: ~Xaneiro
- Obxecto: Becas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación superiores do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.
- Requisitos xerais: Ter a nacionalidade española ou portuguesa, ter cursado estudos de grao en España ou Portugal que estean finalizados entre xaneiro de 2013 e xullo do ano da convocatoria e acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino
- Máis información
Convocatoria: Programa de Becas de Posgrao no Estranxeiro - Fundación Barrié
- Prazo: Decembro-Febreiro
- Obxecto: Facilitar o acceso á mellor formación, proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuir ao desenvolvemento de vínculos.
- Requisitos xerais: Ter nacionalidade española, ter unha vinculación con Galicia, estar en posesión dun título universitario oficial, inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título de máster oficial e acreditar un nivel mínimo de inglés e do idioma de traballo no centro de destino.
- Máis información