Prácticas en empresa
Realizaranse en empresas, centros de investigación e institucións públicas e privadas coas que se estableza o correspondente convenio.
Desenvolveranse baixo a supervisión dun titor académico e outro titor na empresa ou institución onde se realicen.
Obxectivos
- Identificar o contexto e entender os procesos que se abordan no seo e na contorna da empresa ou institución onde se desenvolve a práctica.
- Diferenciar as distintas tarefas, desenvolver a capacidade de integrarse en equipos multidisciplinares e organizar o traballo encomendado.
- Apreciar o valor da experiencia ligada á práctica e valorar as capacidades propias de adaptación, de achegar enfoques ou ideas orixinais e de ter un espírito crítico e positivo.
Actividades formativas
- Presenciais: 140 horas
- Non presenciais: 10 horas (realización dunha memoria que recolla as actividades desenvolvidas na práctica).
Sistema de avaliación
- Informe dos titores (25-75%)
- Memoria de actividades (25-75%)