A Universidade de Vigo convoca as seguintes bolsas de estudo:
- 1 bolsa para alumnado coa condición de vítima de violencia de xénero
- 1 bolsa para alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%
- 8 bolsas de asignación xeral
A contía máxima de cada bolsa será de 1.000 €.
Entre os requisitos atópanse:
- Estar matriculado no curso 2020/2021 nalgunha das titulacións de Grao, Máster ou Doutoramento da Universidade de Vigo.
- No caso de alumnado de Grao e Máster ter concedida no curso 2019/2020 bolsa xeral do MEFP ou que algún membro da unidade familiar se atope no prazo de presentación de solicitudes nalgunha das seguintes situacións:
- Estar en situación de desemprego ou de Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) como consecuencia directa do COVID-19.
- Ser traballador/a por conta allea e ter reducido a xornada laboral por coidados como consecuencia directa do COVID-19.
- Ser traballador/a por conta propia e ter concedida a prestación extraordinaria por cese de actividade.
- Ser traballador/a do fogar e ter concedido o subsidio extraordinario por falta de actividade.
- Ter unha nota media ponderada igual ou superior a 8, calculada tal e como establece a convocatoria de bolsa xeral do MEFP. Para tal efecto multiplicaranse por 1,17 as notas medias procedentes de estudos da rama de Enxeñaría.
Toda a información e solicitude aquí.
0 Comments