OFERTA ECOBAS 2021-06:

Convocatoria de contrato temporal de iniciación á investigación

Ofértanse 6 contratos de iniciación á investigación para as persoas que se matriculen no Máster Interuniversitario en Economía nalgunha das tres universidades do SUG, co obxectivo de apoiar economicamente ó alumnado máis excelente e espertar o seu interese pola investigación.

Tipo de contrato: temporal
Duración estimada: 1’5 meses
Data estimada de inicio do contrato: 15 de setembro de 2021
Retribución: 1.130€ brutos mensuais
Tipo de xornada: a tempo completo (40 horas semanais)
Lugar de traballo: por determinar, segundo a localización do grupo de investigación no que se integre


Traballo a realizar:
O traballo a realizar pola persoa seleccionada irá dirixido a dar apoio a algún grupo de investigación dos participantes no Máster Interuniversitario en Economía, realizando as tarefas que lle sexan encomendadas pola persoa titora.
A persoa candidata poderá solicitar a titorización dun/dunha investigador/a da súa elección, sempre que forme parte do equipo docente do mestrado, ou deixar que sexa a coordinación do programa quen llo/a asigne.
O tipo de tarefas a realizar, así coma o horario e a localización na que se desenvolva o traballo, serán consensuadas entre a persoa contratada e a persoa titora.

Requisitos e máis información aquí.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *