Destinatarios
A modalidade a distancia está preferentemente dirixida a alumnos procedentes doutros países de fala hispana, profesionais despregados en misións exteriores, e profesionais en activo que poden cursar o máster na súa modalidade 100% a distancia e/ou a tempo parcial. Para acollerse a esta modalidade, deberá existir unha institución na que o alumno poda realizar os exames presenciais.
Admisión
Buscamos un perfil de estudante dinámico, interesado pola investigación, creativo, con capacidade para a abstracción e para os métodos cuantitativos.
Son potenciais alumnos os procedentes da licenciatura ou grao en economía e en administración de empresas, e os graduados ou licenciados en ciencias experimentais (particularmente os graduados en matemáticas e estatística) e nas distintas ramas da enxeñaría.
Docencia e idioma
- Aulas virtuais. As clases do máster emítense en directo a través da plataforma de videoconferencia Emeeting. Ademais, o/a alumno/a ten dispoñible unha plataforma docente (Faitic) onde os profesores colocan os materiais e probas de avaliación.
- Prácticas. Os alumnos que estén en activo poderán convalidar as prácticas curriculares coa súa vida laboral se pertence ó mesmo sector de actividade. Tamén se poderán realizar convenios de colaboración con empresas ubicadas fóra de España.
- Idiomas. Aínda que a maioría da docencia impartirase nas linguas oficiais de Galicia, os potenciais alumnos terán que estar o suficientemente familiarizados co inglés. O nivel de inglés recomendado ó alumnado deberá ser similar a un B2 da escala Cambridge English.
Inscrición e matrícula
O alumnado que esté interesado nesta opción deberá poñerse en contacto coa Secretaría do Máster para confirmar que cumpre coas condicións desta modalidade. Os prazos de inscrición e matrícula serán os mesmos que para a modalidade presencial, pero os alumnos deberán realizar todos os trámites a través da Universidade de Vigo.