ITINERARIO 4

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Alicia Pérez Alonso (UVigo)
  • Emma Iglesias (UDC)

Obxectivos

  • Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico.
  • Adquirir habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e do seu contido.
  • Ser capaz de formular modelos simples de relación das variables económicas, baseados na utilización de instrumentos técnicos.
  • Avaliar, utilizando técnicas empíricas, as consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as máis idóneas.
  • Fomentar a actitude crítica e autocrítica.
  • Ter capacidade para xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos.
  • Adquirir autocontrol no sistema de traballo, con respecto a tempo e planificación.
  • Fomentar o espírito investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos.
  • Adquirir competencias ligadas á procura de organización de documentación e á presentación do traballo de forma adecuada á audiencia.
  • Ler e comunicarse en inglés no ámbito profesional.
  • Desenvolver a capacidade de elaborar informes de asesoramento económico.
  • Fomentar o respecto aos valores éticos e cívicos e ao compromiso ético co traballo.
  • Fomentar a capacidade para traballar en equipo.
  • Adquirir responsabilidade e capacidade de asumir compromisos.
  • Desenvolver habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto de forma oral como escrita.

Contidos

  • Modelos de variables dependentes limitadas e correccións na selección muestral
  • Modelos con datos de panel
  • Regresión cuantílica e outras técnicas econométricas

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.