Carácter: obrigatoria

ECTS: 6


Docentes

  • Eduardo L.Giménez (UVigo)
  • Fidel Castro Rodríguez (UVigo)
  • Laura Varela Candamio (UDC)
  • María Alló (UDC)
  • Miguel Pérez-Nievas Montiel (USC)

Obxectivos

  • Lograr o manexo, por parte dos estudantes, dos conceptos básicos da análise microeconómica, de modo que para abordar preguntas económicas sexan capaces de construír razoamentos económicos sinxelos que, mediante unha representación simplificada da realidade, permitan tratar adecuadamente o problema.
  • Desenvolver a capacidade para analizar os efectos dos cambios no medio económico sobre o comportamento dos axentes e a súa consecuente repercusión nos mercados.
  • Espertar o interese do alumnado respecto á análise dos efectos das políticas microeconómicas, de modo que ante a aplicación dun novo instrumento de política económica sexan capaces de formar unha opinión fundamentada sobre a súa eficacia na consecución dos obxectivos para os que se formulou.
  • Fomentar o traballo en equipo e potenciar habilidades para expresar e defender de forma coherente argumentos en público.

Contidos

  • A conduta dos consumidores
  • A conduta da empresa
  • O funcionamento dos mercados competitivos e o benestar
  • Fallos de mercado ou casos nos que non funciona o mercado

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 30 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 120 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.