Santiago García López, alumno do Máster en Economía, faise cun accésit do III premio UDC Sustentabilidade
A sustentabilidade é unha liña estratéxica da UDC na que participa a Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade a través da Oficina de Medio Ambiente (OMA). Entre as súas actividades, convocan o Premio UDC de Sustentabilidade, que quere contribuír ao recoñecemento dos traballos que achegan estudos e solucións á crise ambiental, ó económico e ó social.

O seu traballo foi titorizado por Carmen Gago-Cortés, investigadora da UDC. Nel desenvolve un modelo econométrico que trata de atopar variables sinxelas de obter e medir para, empregando como unidade de medida eses valores acadados, incorporar o sector agrícola e gandeiro ao mercado europeo de dereitos de emisión. O estudo, en palabras do seu autor, ofrece unha primeira pincelada para lograr reducir emisións contaminantes, grazas á incorporación do sector ao mercado europeo.
0 Comments