ITINERARIO 4

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • José Antonio Vilar (UDC)
  • Juan Carlos Pardo-Fernández (UVigo)

Obxectivos

  • Adquirir habilidade para a procura, identificación e interpretación de fontes de información económica e financeira relevante.
  • Desenvoler a capacidade de diagnóstico e análise estratéxico e prospectivo; visión de medio e longo prazo.
  • Procesar a información de forma integral, incorporándoa ao proceso de toma de decisións
  • Mellorar a capacidade de traballar en equipo.
  • Aprender a facer fronte a cuestións complexas de forma sistemática e creativa e saber comunicar as súas conclusións a todo tipo de audiencias.
  • Mellorar a capacidade de adaptación, orixinalidade e espírito crítico.

Contidos

  • Caracterización dos datos para a adopción de decisións económicas
  • Procura de patróns nos datos
  • Manexo de paquetes de software estatísticos, econométricos e matemáticos
  • Introdución á analítica web

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.