ITINERARIO 1
Carácter: optativa
ECTS: 3
Docente:
- Atilano Pena (UDC)
Obxectivos
- Identificar as relacións entre as distintas teorías do crecemento rexional e as políticas rexionais, coñecer os obxectivos e instrumentos das distintas políticas rexionais.
- Analizar os distintos enfoques de política territorial en función dos obxectivos perseguidos, argumentar sobre a pertinencia das políticas con contido espacial e desenvolver formulacións de política rexional para casos concretos de estudo.
- Contribuír ao recoñecemento da importancia das variables rexionais para o desenvolvemento económico equilibrado e sustentable, valorar a relevancia das políticas rexionais nos procesos de integración económica, apreciar a política rexional europea como un elemento de cohesión social e política.
Contidos
- As políticas rexionais como instrumento para o desenvolvemento económico territorial ou para a redución das disparidades e desequilibrios rexionais.
- Experiencias de políticas rexionais, institucións e procesos de integración económica nunha economía globalizada.
- A Política Rexional na Unión Europea, obxectivos e instrumentos para facilitar a converxencia, aumentar a competitividade e o emprego e para favorecer a cooperación territorial.
Metodoloxía docente
- Actividades introductorias
- Sesións maxistrais
- Resolución de problemas
- Seminarios
- Estudos de caso
- Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
- Prácticas autónomas a través de TIC
Actividades formativas
- Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
- Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas
Sistema de avaliación
- Proba oral ou escrita (25-75%)
- Observación sistémica (25-75%)
Outra información relevante
Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.