ITINERARIO 1

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Antonio García Lorenzo (UDC)
  • Carmen Gago (UDC)

Obxectivos

  • Analizar os problemas de axencia aos que a Administración Pública trata de responder co deseño das súas políticas.
  • Identificar os instrumentos adecuados para lograr a mellora da eficiencia dos recursos empregados na instrumentación das políticas públicas.
  • Desenvolver modelos organizativos e reformas institucionais ao servizo dunha xestión pública eficiente.
  • Orientar ás institucións públicas na súa relación co sector privado e suxerir instrumentos de seguimento e control para observar os resultados.

Contidos

  • Os mecanismos da Teoría da Axencia como referencia na análise económica da xestión pública, incentivos, avaliación de esforzo e supervisión.
  • A cooperación público-privada.
  • Os mecanismos de licitación.
  • Os mercados internos de competencia pública.

Metodoloxía docente 

  • Sesións maxistrais
  • Seminarios
  • Estudo de casos

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.