ITINERARIO 1

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docentes: 

  • Bruno Casal (UDC)
  • Octavio del Campo (UDC)

Obxectivos

  • Entender as causas que xustifican a intervención pública e coñecer a estrutura, dimensión e impacto económico do sector público.
  • Avaliar e interpretar as magnitudes e indicadores orzamentarios básicos en base á contabilidade pública que definen o funcionamento dun sector público.
  • Identificar os principais factores de sustentabilidade dun sector público.

Contidos

  • Os fundamentos da intervención pública e o comportamento do Sector Público.
  • Estrutura, organización e dimensión do Sector Público
  • Os instrumentos económicos financeiros do Sector Público: Orzamento Público, Gasto Público, Ingreso Público, Déficit Público, Débeda Pública, Indicadores Orzamentarios.

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.