ITINERARIO 4
Carácter: optativa
ECTS: 3
Docentes:
- Alberto Meijide Vecino (USC)
- Carlos Hervés (UVigo)
- Eduardo L.Giménez (UVigo)
- Enma Moreno García (USAL)
Obxectivos
- Comprender como funcionan os mercados cando non son perfectamente competitivos e, por tanto, non permiten alcanzar resultados eficientes na asignación dos recursos.
- Aprender a determinar, tanto gráfica como analiticamente, o problema das empresas dependendo do tipo de mercado no que operan, así como a capacidade para prover intuición dos resultados derivados do corpus teórico.
- Valorar a importancia que ten a análise do comportamento estratéxico para a comprensión e interpretación dos resultados que produce o funcionamento dos diversos sectores da economía.
Contidos
Universidade de Vigo:
- Introdución ao curso
- Temas avanzados en microeconomía
- Temas avanzados en macroeconomía
Universidade de Santiago:
- Oferta e demanda de traballo
- A determinación dos salarios
- A discriminación no mercado de traballo
- Mercado de traballo e institucións
- O desemprego: fundamentos microeconómicos e resultados macroeconómicos
Metodoloxía docente
- Actividades introductorias
- Sesións maxistrais
- Resolución de problemas
- Seminarios
- Estudos de caso
- Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
- Prácticas autónomas a través de TIC
Actividades formativas
- Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
- Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas
Sistema de avaliación
- Proba oral ou escrita (25-75%)
- Observación sistémica (25-75%)
Outra información relevante
Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.