Universidades participantes

UVIGO

USClogotipo

UDC


Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas


Duración: O programa do Máster en Economía está deseñado para poder ser completado nun único curso académico. Durante o primeiro cuadrimestre cursaranse materias de carácter obrigatorio que capacitarán ó alumno cos coñecementos necesarios para seguir os cursos de especialización do segundo cuadrimestre, realizar as prácticas externas e preparar o Traballo de Fin de Máster (TFM).


Modalidade de ensinanza: semipresencial


Número de prazas de novo ingreso:

  • A tempo completo: 15 por Universidade
  • A tempo parcial: 5 por Universidade

Linguas en que se imparte: A maior parte da docencia impartirase nas linguas oficiais de Galicia (galego e castelán), pero os potenciais alumnos terán que estar o suficientemente familiarizados co inglés. O nivel de inglés recomendado ao alumnado deberá ser similar a un B2 da escala Cambridge English.


Obxectivos: Os obxectivos deste título son:

  • Formar profesionais en economía e empresa cunha elevada formación académica que lles permita incorporarse á vida profesional cunha alta capacitación para a toma de decisións estratéxicas.
  • Preparar aos alumnos para afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento, no caso de que desexen optar por unha formación máis académica.

A quen vai dirixido: Buscamos un perfil de estudante dinámico, interesado pola investigación, creativo, con capacidade para a abstracción e para os métodos cuantitativos.  Son potenciais alumnos, ademais dos procedentes da licenciatura ou grao en economía, os graduados ou licenciados en administración de empresas, ciencias experimentais (particularmente os graduados en matemáticas ou estatística) e nas distintas ramas de enxeñería.

Outro perfil de alumno é o procedente doutros países de fala hispana, profesionais despregados en misións exteriores, e profesionais en activo que poden cursar o máster na súa modalidade 100% a distancia e/ou a tempo parcial.


Itinerarios

                  Itinerario 3.1        Itinerario 4.1