O prazo de preinscrición ó Máster en Economía atópase aberto nas tres universidades. Na Universidade de Vigo, poderase presentar a solicitude de admisión ata o vindeiro 1 de xullo, na Universidade da Coruña, ata o 10 de xullo e na de Santiago de Compostela ata o 19 de xullo.

Os/as alumnos/as que resulten admitidos, poderán formalizar a súa matrícula nos períodos correspondente: do 26 de agosto ó 2 de setembro na UVigo; do 29 ó 31 de xullo na USC; e do 26 de xullo ó 2 de agosto na UDC.

As prazas que queden libres tras este primeiro período de admisión e matrícula poderanse solicitar no segundo periodo.

Máis información no enlace.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *